MIGUELIÑA

Migueliña é a protagonista da historia, ela representa a tristeza, pero tamén a ilusión, a vontade. No seu camiño a Santiago, Migueliña descubrirá un mundo novo cheo de aventuras, novas paisaxes e persoas que farán que recupere a alegría e a ilusión.

ANTÓN

Antón, a nécora, é o mellor amigo de Migueliña. Representa a bondade, a amizade. Antón fará todo o posible para coidar á súa mellor amiga no camiño a Santiago.

LAURA

Laura, a xarda, é unha pizpireta, ela representa o optimismo, a vitalidade e a fortaleza. É unha muller poderosa que non lle amolan os retos e sempre está disposta a axudar. Coa súa enerxía contribuirá a que o camiño sexa máis levadío.

ROBERTO

Roberto, o polbo, representa a sabedoría, a diversidade. Roberto desde a serenidade da experiencia daralles a clave para que Antón e Laura axuden á súa amiga Migueliña e acompañaraos no camiño de aventuras ata Fisterra.